Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXX)
Os seus lugares
Fonte de Fontiñas
Fonte localizada na ladeira que desemboca na praia de Fontiñas. Está totalmente cuberta por vexetación de monte baixo. O muro que conforma a caixa é de cachotería de granito encintado de cemento. Inexistencia de cano. A auga ten saída por unha mangueira de goma polo que foi reconducida a auga. Nesta zona de saída apréciase o burato de desaugue na zona inferior do muro recortado.
Emprazamento da fonte na ladeira oeste da illa, imaxe tomada dende o Alto de Liñeiros cara o norte © CSIC
Na zona superior de esta estrutura, a uns 5 m ao leste, atópase un depósito de forma circular e semisoterrado. Feito por cachotes de granito encintados con cemento. A tapa de cubrición do mesmo está totalmente recuberta tamén de cemento.
Imaxe destacada: Emprazamento da fonte na ladeira oeste da illa, imaxe tomada dende o Alto de Liñeiros cara o norte © CSIC
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada