Carráns (II). O carrán cristado por Mar de Aves

Portada » O Parque Nacional » Carráns (II). O carrán cristado por Mar de Aves

Out 19, 2017 | NATUREZA

Carráns (II). O carrán cristado por Mar de Aves

Carráns

CHARRÁN PATINEGRO / GARAJAU / SANDWICH TERN

Sterna sandvicensis

38 cm de lonxitude × 100 cm de envergadura. Na plumaxe de verán o carrán cristado presenta unha boina negra coa caluga cristada que lle chega ata os ollos, máis no inverno perde parte da boina. O bico do carrán cristado é de cor negra máis coa punta amarela. As patas son negras. Os xuvenís aseméllanse moito aos adultos na plumaxe de inverno aínda que co peteiro completamente negro.

O carrán cristado aniña nas costas europeas e do norte de Africa e máis nas de America. Non aniña no Parque Nacional nin no resto de Galicia.

Invernante e migrador nas Rías Baixas, onde está presente entre agosto e marzo, esparexado por augas abrigadas da ribeira como esteiros, praias e portos.

Premer sobre as imaxes para as poder ampliar:

Gaviota cabecinegra

Imaxe destacada: Vista dun carrán cristado (Sterna sandvicensis). Wikipedia.

Podes consultar nesta ligazón: MAR DE AVES Portal das Aves Mariñas das Rías Baixas

Qué é Mar de Aves?: Mar de aves: novo sitio web das aves mariñas do Parque Nacional e Rías Baixas

Descargar de balde en PDF a Guía básica de aves mariñas do Parque Nacional e das Rías Baixas de Nacho Munilla

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos