Curta documental: “O torreiro de Sálvora”/Soy Cámara
En 1980, Julio Vilches chega á illa de Sálvora, situada na bocana de entrada á Ría de Arousa (Galicia), para traballar como torreiro durante 37 anos até a recente automatización do faro en agosto de 2017. Nesta curta documental, Julio narra en primeira persoa o que era gozar e vivir nun lugar salvaxe, unha illa practicamente deshabitada que pertencía a un marqués. Fala da evolución do propio faro, das tarefas que acometía, e as actividades diarias ás que dedicou o seu tempo. A súa narrativa oral vai acompañada por imaxes da illa e o faro, filmado en Súper 8, un apoio de filme analóxico que comparte un anacronismo co tema dos faros.
A entrevista no faro foi realizada en maio de 2017 ante a súa inminente automatización e extinción da figura do torreiro en Sálvora.
Soy Cámara CCCB / The lighthouse keeper of Sálvora | Soy Cámara
Guión e dirección: Gloria Vilches
Producido por CCCB
Edición: José Antonio Soria
Música: Julio Vilches ( “Canción del Jangadero”)
Debuxo do mapa de Sálvora: Julio Vilches
Agradecementos: Julio Vilches e Eila Rodríguez Figueiras
Lingua: español
Duración: 11 minutos
Imaxe destacada: © Arquivo da Luz Atlántica