Rexistrada por primeira vez en augas galegas a “Remora brachyptera”

Portada » O Parque Nacional » Rexistrada por primeira vez en augas galegas a “Remora brachyptera”

Xan 29, 2018 | NATUREZA

Primeiro rexistro da “Remora brachyptera” en augas galegas

As rémoras son peixes mariños da familia “Echeneidae“. Habitualmente viven adheridos a outros animais mariños máis grandes usándoos como medio de transporte. É unha especie amplamente distribuída en latitudes amornado-cálidas de todos os océanos. Anteriormente esta especie estaba citada para Galicia en exemplares de peixe espada desembarcados na lonxa da Coruña, aínda que estes rexistros non teñen por que corresponderse con augas galegas, xa que os barcos espaderos adoitan traballar en augas internacionais.

remora 1

©  Manuel E. Garci

Este exemplar, de 14 cm. foi capturado vivo o 7 de marzo de 2017 preto da costa de Corrubedo, por pescadores de baixura; utilizando redes de enmalle, a 80 m. de profundidade. O exemplar apareceu sobre a cuberta do barco e non foi posible asignalo a ningunha especie asociada. A captura deste exemplar supón o primeiro rexistro confirmado para Galicia e o 2º máis ao norte para a especie no Atlántico oriental.

remora 2

©  Manuel E. Garci

Agradecementos a José Antonio Crespo (Acuario O Grove) por doar o espécime e a Jesús Otero (asistente técnico de cofraría do Grove) polos datos de captura. Publicado recentemente na revístaa Acta Icthyologica et Piscatoria.

Texto Rafa Bañón IIM-CSIC e grupo Ecoloxía Pesqueira.

Fotografía: Manuel E. Garci IIM-CSIC

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos