Guía de boas prácticas para evitar o lixo no mar

Portada » O Parque Nacional » Guía de boas prácticas para evitar o lixo no mar

Ago 1, 2018 | BIBLIOGRAFÍA, NATUREZA

Boas prácticas para evitar a chegada de lixos ao mar. Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional das Illas AtlánticasProxecto Pleamar

Un proxecto promovido polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e polo Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia (PNMTIAG) a través de Pleamar e esta Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños.

Este proxecto nace tamén coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do programa Pleamar do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto LIFE IP INTEMARES buscando unha xestión integrada, innovadora e participativa da Rede natura 2000 no medio mariño español.

Este documento, “Guía de Boas Prácticas para evitar o lixo no mar” foi elaborado grazas á participación das seguintes entidades colaboradoras do proxecto:

Instituto Español de Oceanografía, Intecmar, Cetmar, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Asociación Española de Lixos Mariños, WWF, Confraría de Pescadores de Aguiño, Federación Galega de Mergullo, Club de kaiak de mar de Bueu, Portos de Galicia, GALP, Xefatura Comarcal de Ribeira dá Consellería do Mar, Asnauga, Espeleo Club Aradelas, PNMTIAG e COBGA.

Xa podes descargar aquí en formato PDF a “Guía de Boas Prácticas para evitar o lixo no mar”

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos