Ruta 1
Trátase dunha ruta circular que rodea toda a illa.
Más información
O primeiro tramo discorre pola marxe oeste, con vistas ao resto de illotes que forman o arquipélago. Malveira grande, Malveira chica, o Con e Briñas, todos eles en zonas de reserva.
Ruta 2
Esta ruta rodea a illa só ata a metade e logo atravesa polo centro.
Más información
Bosque de Loureiros
Aquí encontrase o bosque de loureiros mais grande de Europa e para ello foron necesarios moitos anos de abandono.
Más información
Os loureiros plantados polos últimos veciños da illa medraron en busca de luz e sen que ninguén vivise na illa chegaron a alcanzar grandes dimensións, ata chegar aos 17 metros de altura.
Ruinas da ermida da Virxe dos Milagros
Esta ermida foi construída en 1652 e foi visitada por moitos peregrinos.
Más información
Estes acudían á ermida polas propiedades curativas da virxe, á que se lle pedian que puxese fin ao avance da praga negra que se estendía imparable por Galicia.
Ruinas da Aldea
Hoxe en día só quedan ruínas do que en su momento foi a aldea da illa, con varias vivendas, muíños e hórreos.
Más información
Non obstante, despois do cambio de propiedade da illa, a comezos do século XX comezou a idea de construír aquí un Palacio Real como residencia estival da monarquía española. Para que este proxecto comezase, os veciños debían abandonar a illa. Non obstante, a construción nunca se chegou a facer e a illa foi abandonada e sen habitantes.
Actividades organizadas
ITINERARIO INTERPRETATIVO EN BARCO
Empresas como Corticata organizan visitas guiadas á illa, para coñecer de primeira man a historia de Cortegada. A ruta comeza dende o porto de Carril, onde colles un barco no que poden ir grupos de ata 15 persoas. Unha vez na illa, realizan unha ruta interpretativa cun paseo de 2 horas e media a través dos sendeiros acondicionados da illa. Unha guía contará o pasado e o presente da súa historia, así como a súa recuperación actual para o dominio público.
RUTA EN KAYAK
Diferentes empresas arrendan kayak ou organizan rutas guiadas desde Carril para visitar a illa e os seus arredores libremente.
RUTA NOCTURNA STARLIGHT
Corticata organiza tambén visitas nocturnas a illa para gozar da ruta Starlight. A duración da actividade é de 3 horas, con saída dende Carril, e son necesarios polo menos grupos de 10 persoas.
RUTA MARÍTIMO FLUVIAL DO APÓSTOL
Esta ruta recrea o itinerario que seguen, por mar e por río, os restos de Santiago Apóstol. Un xeito diferente de coñecer o Camiño de Santiago de Compostela a través da auga.
RUTA BOTÁNICA CORTEGADA – PAZO DE LA SALETA (Pontevedra)
Con esta ruta podes gozar dunha dobre experiencia. Por unha banda, explorarase a flora de Cortaga. Explorará a flora da illa e deste pazo considerado pola UNESCO como unha das coleccións botánicas máis importantes de España.
Qué facer se chove
VISITA GUIADA POLO PAZO DE RUBIÁNS (Vilagarcía)
Achégate ata Vilagarcía para gozar deste pazo do S XVI. Podes reservar a visita por internet e durante dous horas guiaranche por esta casa medieval. O estilo francés en plenas Rias Baixas e os amplos xardines de camelias que rodean o Pazo de Rubianes sorprenderanche.
CASA MUSEO DO VALLE INCLÁN (Vilanova de Arousa)
A casa dos avós de Valle Inclán, e onde se cre que este naceu, está situada en Vilanova de Arousa. Aquí podes descubrir as primeiras edicións das súas obras así como libros ligados coa súa vida e unha exposición de mobles propios da clase media do S XIX.
MUSEO DO MAR (Rianxo)
No museo podemos atopar dende maquetas de barcas ata aparellos de pesca e ata un taller de carpintería no que se mostra como se construían as pequenas embarcacions usadas polos pescadores da rexión ao longo da súa historia. Unha visita moi didáctica que nos conecta coa esencia mariñeira e é unha das mellores cousas que podemos facer na nosa visita a Rianxo.
CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO
A Casa da Matanza de Padrón é onde morreu Rosalía de Castro en 1885. Agora converteuse nun museo dedicado á escritora, onde se poden observar fotografías e recordos persoais.
Plans para facer con nenos
Na illa de Cortegada se poden realizar múltiples actividades familiares como talleres de fotografía, contacontos, visitas nocturnas e observacións astronómicas. Pero se buscas plans alternativos, fóra da illa tamén tes opcións moi interesantes.
VISITA AO MONTE XIABRE
No miradoiro deste monte poderás contemplar a ría de Arousa completamente, coas súas bateas e a súa costa. Ademais, este monte conta coa área de descanso de Fontefría onde podereis gozar dun picnic familiar con mesas, bancos e asadeiros.
RUTA MARISQUEIRA
Os máis pequenos poden descubrir como é o oficio de mariscadora da man de expertas traballadoras de Carril. Poderán extraer ameixas e berberechos, coñecendo as artes e os métodos que se utilizan.
CASTRO DE ALOBRE
Situado no Montiño (Vilagarcía de Arousa), é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do nordeste peninsular. Este castro estivo habitado entre os séculos I a.C. e III a.C. e nel atopáronse máis de vinte mil pezas de gran valor.