Nace no ano 2005 como promotora das actividades náuticas na Ría de Vigo (Galicia). Os seus fundadores, grandes amantes do mar, iniciaron o proxecto co firme obxectivo de achegar a vela, como unha actividade deportiva e de recreo, a todos os interesados en descubrir o mar e a súa afección. Localizados no centro da cidade, gozamos dun enclave único con todas as facilidades para unha navegación segura nas Rías Baixas, que destacan pola tranquilidade das súas augas, a beleza da paisaxe e a maxestosidade das Illas Cíes (Parque Nacional das Illas Atlánticas).