Identificación

Composto polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Situado na bocana da ría de Vigo.

Pertence ao concello de VIGO.

Superficie

3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres y 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección

Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014.

Breve descripción

Se voamos por riba do arquipélago das Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e o Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruinas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.

[Fonte contidos: Web oficial do PNMTIAG]

Oficina do parque

Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
Teléfono: 886 218 090 – Fax: 886 218 094
E-mail: iatlanticas@xunta.gal
Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

Casa forestal Cíes

Teléfono: 986 687 502 – 638 477 740
E-mail: iatlanticas@xunta.es
Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com