Esfinxe colibrí libando néctar no Rosal

Portada » O Parque Nacional » Esfinxe colibrí libando néctar no Rosal

Nov 23, 2015 | NATUREZA, VIDEOBLOG

A Esfinxe colibrí  (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, norte de África e centro de Asia, India e Indochina. Recibe o nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan aos do colibrí.

As ás dianteiras son pardas con liñas e puntos negros mentres as traseiras son alaranxadas. O abdome é negro e branco ao lateral, con sedas con forma de cola dunha ave. A larva é cilíndrica, de cor amarela e máis tarde verde claro. A crisálida mide de 30 a 35 mm.

É unha especie migratoria, pero en xeral non sobrevive ao inverno nas rexións frías. Ten hábitos diúrnos, raro en bolboretas esfíngidas. Aliméntase de néctar de plantas de xéneros como Viola, Verbena ou Primula. A súa trompa, para libar o néctar, é case da mesma lonxitude que o seu corpo e esténdese desenrolándose desde a súa boca, como podemos apreciar neste vídeo, gravado nos montes periféricos da ría de Vigo, concretamente no Rosal.

Pasa o inverno hibernando como adulto, en diversos lugares como fendas que adoita abandonar en días tépedos de pleno inverno para buscar alimento suplementario.

 

Imaxe: 

Avelaíña: «Macroglossum stellatarum01(js)» por Jerzy Strzelecki. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons.

– Vídeo: © Basilio Cegarra

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos