O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da Lagoa dos Nenos

Portada » O Parque Nacional » O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da Lagoa dos Nenos

Nov 5, 2015 | NATUREZA, VIDEOBLOG

Contemplamos unha visión da ondada que ven directamente do océano Atlántico, en condicións de mareas vivas no lugar da boca da Lagoa dos Nenos. Esta ondada chega a superar o dique, producindo a maiores a rotura do areal de Rodas, mediante a formación dunha canle efémera.

O arquipélago das illas Cíes constitúe unha sorte de muro defensivo que fai das augas da ría de Vigo máis tranquilas, favorecendo un excelente lugar para a navegación, o fondeo e como porto para o tráfico comercial entre outras actividades marítimas.

A Lagoa é un singular ecosistema, unha lagoa litoral de auga salgada situada en pleno Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, no arquipélago das Cíes.

Da importancia e determinación que exercen as mareas, o vento, a salinidade e a forza da ondada na erosión e conformación do medio dan boa conta estas imaxes.

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos