No ano 2012 presentábase Quirotec, un proxecto multidisciplinar onde as novas tecnoloxías tenden unha man ao campo da bioloxía para, mediante o desenvolvemento dun sistema de monitorización, favorecer a adquisición de datos para os estudos do hábitat do morcego pipistrelus pipistrelus no Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, concretamente no archipiélado de Cíes.
O proxecto foi desenvolvido polas empresas Arcea Xestión de Recursos Naturais, Wireless Galicia e o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións Gradiant, cofinanciado pola Dirección de I+D+i da Consellería de Económía e Industria da Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Plan Incite e co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia.