Os fondos mariños do Parque Nacional atesouran unha extraordinaria riqueza

Portada » O Parque Nacional » Os fondos mariños do Parque Nacional atesouran unha extraordinaria riqueza

Feb 1, 2016 | NATUREZA

O 86 % da superficie protexida do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é marítima, dando así conta da enorme importancia dos valores que albergan estes fondos submarinos.

Distinguimos entre fondos rochosos, de mäerl, de cascallo, de area e mais os bosques de algas. Estes ecosistemas e os seus hábitats esconden os maiores tesouros do Parque Nacional.

O constante movemento da auga que rodea ás illas Atlánticas, o bater do mar, os afloramentos, os aportes fertilizantes dos excrementos das aves mariñas e a dispoñibilidade de osíxenomateria orgánica son fundamentais na riqueza destes fondos submarinos.

Así mesmo a cantidade de microhábitats en refuxios, covas e fendas, converten a estes fondos submarinos en áreas idóneas para a vida de animais e plantas mariñas.

Sen mergullarnos podemos imaxinar, distinguir, coñecer e valorar a enorme variedade e riqueza destes ecosistemas.

Aínda que tamén o poderemos comprobar practicando o snorkel ou mesmo o submarinismo, con ou sen botellas de osíxeno, se ben o mergullo está regulado e precisa dunha autorización. A pesca deportiva está prohibida nestas augas. Sí que faena a flota de baixura de carácter artesanal, mariscan os percebeiros e se colleitan as navallas “a pulmón”.

Distinguimos entre fondos rochosos, de mäerl, de cascallo, de area e os bosques submarinos.

Os fondos rochosos están na cara oeste das illas, moi determinados pola turbulencia e a enerxía das augas oceánicas, a través das ondas e das mareas. É o bater constante do mar, que erosiona, desfai e deposita rochas.

Os fondos denominados de maërl (termo de orixe bretón que se refire a algas coralinas e vermellas) xorden en zonas costeiras e con fortes correntes, contando cun substrato onde predominan os fragmentos de algas calcáreas vermellas. Aquí existen refuxios para unha gran diversidade animal, en forma de bivalvos como ameixasreloxosvieiras ou tamén caranguexos e arañas de mar

Os fondos de cascallo son acumulacións de restos de cunchas, xa ben de mexillónslapascaramuxosarneiróns ou ameixas que van conformando unha capa de varios centímetros de espesor.

Aquí, os animais, viven agóchanse entre os restos destas cunchas destacando as navallasberberechospolbospeixes planos como raias ou linguados.

Os fondos de area, atópanse en zonas moito máis abrigadas, xeralmente nas proximidades das praias, na cara leste das illas, mirando ao interior das rías, onde a auga vai perdendo forza e deposita sedimentos lentamente.

Os animais que viven aquí adquiren estratexias ante a dificultade de atopar refuxio. Nas praias aparecen as pulgas de area, hai algas que conseguen fixarse ás rochas soltas, como as características barbas de raposo (Cystoseira). Resultan numerosos os bivalvosberberechosameixasnavallasvieiras, así como moluscospolboschocos. Tamén crustáceos como ermitáns ourizos.

Abondan do mesmo xeito os peixes planos, as sollasrodaballos e raias que se camuflan enterrándose no chan.

Os bosques de algas pardas como Saccorhizas e Laminarias ou golfos, chegan a medir até os 2,5 metros, contando cun rico sotobosque que proporciona refuxio alimento a moitísimos especies animais. Localizámolas en campos de anemones e de ourizos, de esponxasgorgonias. Aquí están representados polbospintossargosdoncelas e tamén congrosmoreasrobalizas ou nécoras.

Imaxes:

-Choco: De João Carvalho – Original File Hp photosmart 945, CC BY-SA 2.5, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=753397-Dourada: De David Blaikie – originally posted to Flickr as SardinianFish, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=6371569

-Cápsula ovo melgacho: By Sander van der Wel from Netherlands – Shark eggUploaded by russavia, CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=28145888

-Berberchos: De Féron BenjaminFlickr, CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2138439

-Polbo: De albert kok – ma photo, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2795274

-Solla: Wikimedia commons

-Raia: Wikimedia commons

-Maragota: By © Hans Hillewaert, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=3672904

-Longueirón: Wikimedia commons

-Pinto: De Jonmp de Wikipedia en inglés – Originally from en.wikipedia; description page is/was here. Transfer was stated to be made by User:Soulkeeper., Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=3034761

-Melgacho: By Bj.schoenmakersOwn work, CC0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=31960660

-Femia doncela: De Etrusko25 – Trabajo propio, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=6387771

-Dourada: De David Blaikie – originally posted to Flickr as SardinianFish, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=6371569

-Robaliza: De © Citron / , CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29397993

-Sargo: Wikimedia commons

-Macho xulia: De Etrusko25Trabajo propio, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=6387786

-Barbas de rapososo: Wikimedia commons

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos