A compañía Vapores de Pasaje cambiara o seu logo tras a entrada en servizo do “Islas Ficas” en 1968, buque construído en Xixón con capacidade para 500 persoas que marcaría un antes e un despois no transporte de pasaxe ás illas Cíes, sendo o seu buque insignia durante varias décadas. Permanecería en servizo até o ano 2008 aínda que xa coa naviera Mar de Ons.
Adxuntamos unha táboa cos horarios e prezos de saída ás illas Cíes e a outros puntos da ría de Vigo. Ademais dos habituais traxectos a Cangas e Moaña, en 1970 aínda se prestaban outros servizos que pronto expirarían, como o transporte a Meira e Rodeira ou Domaio e San Adrián.
O servizo de transporte de viaxeiros ás illas Cíes daría servizo entre o 25 de xuño ao 15 de setembro.
Tamén se ofertaban xiras marítimas pola ría en horario nocturno a partir das 23:00 horas.
O buque “Islas Ficas” faríase famoso tamén pola rodaxe da película “Los Lunes al Sol” en 2002, a multipremiada e alabada película de Fernando León de Aranoa filmada en Vigo, onde se facía fincapé na reconversión naval e no paro sufrido na cidade de Vigo na década dos anos 80. Este buque aparecería en diferentes escenarios exteriores pola ría de Vigo pintado de blaugrana e cunha nova e peculiar denominación temporal, “Lady España”.
26/06/1970
El pueblo gallego: diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia
Ler tamén: Islas Sicas ou Ficas? (I)