Abr 1, 2016 | NATUREZA, VIDEOBLOG

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax Aristotelis) mergullándose no entorno do peirao de Ons. Aprézase como se impulsa coas súas aletas palmeadas e a posición que adopta no mergullo, unha frecha baixo a auga. Primeiro observa dende a superficie metendo a cabeza na auga e observando o fondo grazas ás membranas que ten nos ollos que actúan coma lentes submariñas. Trátase neste caso dun exemplar xuvenil pola cor parda que aínda luce.

Imaxes:

Suso Framil

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos