A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

Portada » O Parque Nacional » A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

Abr 5, 2016 | CIENCIA, VIDEOBLOG

A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

Mediante este video de animación 3D o Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar o papel, descoñecido para o gran público, dos lagartos coma modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares. Estes réptiles modifican a súa dieta en ambientes insulares incorporando moitos froitos carnosos. Ao inxerir estes froitos, dispersan as súas sementes cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación que o Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas da Universidade de Vigo realizou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia con financiación do Organismo Autónomo de Parques Nacionales.

Este vídeo, que se presenta en HD 720p, foi creado para a súa utilización libre como material docente.

Premio do público 2010 da revista The Scientist
Trofeo Eugenio Tutor no Festival de Cine Científico de Ronda 2010
Accesit especial no VII Premio Creación Audiovisual Universidade de Vigo 2010
Finalista no Science Film Festival de Bangkok 2010
Finalista no II Festival Internacional de Cine Científico e Ambiental de Doñana e no I Festival de Cine de Animación Anirmau 2010

Divulgare

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos