Liquen crustáceo, incrustante, que forma costras de máis de 10 cm de diámetro, de tonalidade amarelo laranxa. Moi vistoso debido á presenza de parietina.
Aparece sobre rochas na zona supralitoral ou influenciada polas pingas mariñas, formando moitas veces unha banda característica por enriba da verrucaria, en lugares máis acougados ou menos expostos, proporcionando así esa tonalidade tan característica que adoptan os cantís do cara oeste das illas Cíes.
Imaxes:
Pedro Figueras