A EE Forestal achégase á primeira compilación da flora de Galicia

Portada » O Parque Nacional » A EE Forestal achégase á primeira compilación da flora de Galicia

Abr 26, 2017 | HISTORIA, NATUREZA

O investigador do CIF de Lourizán Javier Silva Pando impartiu unha conferencia no campus

A EE Forestal achégase á primeira compilación da flora de Galicia

No seu relatorio afondou no traballo de catalogación de especies do xesuíta Baltasar Merino

Duvi | Pontevedra

Neste 2017 conmemórase o centenario do pasamento do xesuíta Baltasar Merino, recoñecido polo intenso labor de catalogación da flora de Galicia que realizou ao longo de toda a súa vida. “Calculamos que puido ter recollido sobre 16.000 pregos”, salienta o xefe do Departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Francisco Javier Silva Pando, quen lembra que “ata hai case de 30 anos, a flora descritiva e ilustrada de Merino seguía sendo a referencia en Galicia” para aqueles e aquelas que querían afondar na riqueza botánica de Galicia. Responsable da conservación dun dos catro herbarios que se conservan do Pai Merino, o que reúne en Lourizán preto de 12.000 pregues, Silva Pando impartiu este martes unha conferencia na EE Forestal, impulsada polo centro en colaboración co alumnado e na que puxo en valor o traballo realizado polo xesuíta “que percorreu Galicia só, nunha época que viaxar non era tan sinxelo” co propósito de levar adiante unha obra documental que comezou a comezos da década de 1880 e que o levou tanto a describir neses pregos tanto “diferentes formas e subformas” dunha mesma especie, como a documentar as características de diferentes xéneros e especies de plantas. Con ese obxectivo, Silva Pando achegou a este relatorio o traballo que, baixo a súa dirección, o investigador da USC Rubén Pino Pérez vén desenvolvendo para a súa tese de doutoramento pola Universidade de Santiago, na que compara os pregos de Merino coas descrición de especies depositadas no herbario de Lourizán. “Antigamente era máis difuso, pero hoxe cando describes unha planta tes que designarlle un tipo que teña o respaldo dun prego depositado nun herbario público. Aquí en Lourizán temos máis de 700 tipos e moitos correspóndense coas especies que no seu día describiu Meriino”, engade este investigador.

Podes ler tamén: 

CIENCIA-HISTORIA: Agosto de 1897. O Padre Merino regresa da súa excursión polas illas Cíes (I)

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...