A herba de namorar adorna o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Portada » O Parque Nacional » A herba de namorar adorna o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Mai 29, 2017 | NATUREZA

A herba de namorar adorna o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Imaxe de varias matas redondeadas de herba de namorar, tamén coñecida como herba empreñadoira (Armeria pubigera), en floración no litoral rochoso da cara leste da illa de Ons. Moito destacan as súas flores rosáceas na primavera.

Está presente nos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, OnsSálvora e Cortegada).

Trátase dunha planta común na costa galega que aparece en cantís e rochas xunto ao mar, e mesmo ás veces nas dunas. A herba de namorar (Armeria pubigera) é un endemismo das costas do Noroeste da Península Ibérica, en Galicia e Norte de Portugal. Semella querer reinvidicar o litoral do territorio da antiga Gallaecia.

Continuará…

Tamén che poden interesar as seguintes entradas: 

A herba de namorar tapiza e colorea a illa de Sálvora

Herba de namorar sobre rocha

Armeria pungens

Introdución aos cantís litorais do Parque Nacional (I)

Introdución aos sistemas de dunas do Parque Nacional

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© Santi Boado Aguinaga

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos