A Punta do Príncipe en Montefaro. Illas Cíes
Insólita e impoñente perspectiva de Punta do Príncipe e dos cantís de Montefaro na illa do Medio do arquipélago das illas Cíes.
Unha vista dende o mar, na canle do freu da Porta que separa cos seus 500 m as illas do Medio ou Montefaro da illa Sur ou San Martiño. Á dereita da imaxe sorpréndenos a entrada á furna ou cova mariña da Porta. Enriba de todo, a uns 180 metros sobre o nivel do mar, a silueta do faro de Cíes. Unha imaxe de Suso Framil. Na Ría de Vigo. Rías Baixas de Galicia. No Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada).
Tamén che poden interesar:
As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons/Onza (I). Fotogalería.
Guía xeolóxica Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe:
© Suso Framil