Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons (La comunidad isleña de Ons)

Portada » O Parque Nacional » Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons (La comunidad isleña de Ons)

Feb 20, 2016 | BIBLIOGRAFÍA

 

Trátase dun estudo antropolóxico cultural da xente da Illa de Ons, encargado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A obra regálanos historias e vivencias de tempos pasados que nos axudan a coñecer mellor a evolución humana desta illa.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente editou o libro “Alá, non medio do mar. A Comunidade da illa de Ons” (A comunidade insular de Ons).

Trátase dun estudo antropolóxico cultural da xente da Illa de Ons encargado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e escrito por Staffan Mörling e Josefa Otero Patiño. Trátase dunha obra persoal, etnográfica, histórica e de recompilación de sentimentos da comunidade insular de Ons, que tenta dar ao lector unha idea, o máis completa posible, de como era vivir na illa de Ons na década dos 60.

Os autores desta publicación regálannos historias e vivencias de tempos pasados que nos axudan a coñecer mellor a evolución humana desta illa. Ons é unha illa pequena, con 5 km de longo por pouco máis dun quilómetro e medio na súa parte máis ancha, cuxos accesos dependen do estado do mar.

O patrimonio inmaterial é un dos principais valores das illas que conforman o Parque Nacional, unha riqueza que se reflicte no libro grazas á historia contada en imaxes da vida cotiá, coas impresións de Staffan e Josefa.

Este libro pretende ser unha homenaxe á xente que viviu na illa, con innumerables fotos que reflicten a dureza da vida desa época.

Título: Alá no medio do mar. A comunidade isleña de Ons.

Autor: Staffan Mörling e Josefa Otero.

Colección: Natureza e Parques Nacionales.

ISBN / ISSN: 978-84-8014–848-1.

Idioma: Español.

Edición: Primeira.

Ano: 2013.

Nº páxinas: 183.

Soporte: Papel.

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos