Algúns dos grandes descoñecidos de Sálvora, illotes de Noro, Curviña e Herbosa
Espléndida fotografía de Fernando Rey Daluz dos pequenos illotes de Noro, Curviña e Herbosa no arquipélago de Sálvora. Estes son, xunto a outros illotes e baixíos, onde se agochan gran parte dos auténticos segredos de Sálvora aínda sen desvelar.
Imaxe tomada dende o Areal dos Bois, xunto á aldea, lugar de recalada onde os seus habitantes varaban as dornas, as embarcacións tradicionais da ría de Arousa.
Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe: