O aproveitamento do mar ao longo do tempo.
A documentación do xacemento romano de Canexol (Illa de Ons, Bueu). Ano 2009
Neste artigo trátase de documentar un xacemento arqueolóxico na illa de Ons, concretamente na praia de Canexol (Pontevedra, Galicia) que polos seus indicios arqueolóxicos, podería tratarse dunha factoría de salgadura de época romana destinada á conservación do peixe. Este xacemento que pasou desapercibido ata fai pouco tempo, ven a ocupar o baleiro crono-cultural da illa e que pon de manifesto a ocupación continua deste territorio dende épocas prehistóricas ata a actualidade. O tempo ven a remarcar a paisaxe mariñeira que caracterizou desde sempre este territorio insular onde os seus foron e seguen sendo un dos elementos fundamentais da economía e formas de vida dos habitantes da illa.
Autor:
Paula Ballesteros Arias
30-dec-2009
Consejo Superior de Investigaciones Científicas-CSIC
Cuadernos de Estudios Gallegos LVI(122): 67-90 (2009)
Imaxe destacada:
© Santiago Boado Aguinaga