As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons (I)

Portada » O Parque Nacional » As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons (I)

Out 19, 2015 | NATUREZA

As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons (I)

Existen case dous quilómetros de galerías subterráneas escavadas polo mar nos cantís de Cíes e Ons

Cando nos referimos ás furnas facemos alusión ás covas mariñas que se producen a partir da erosión nas fisuras que existen nas rochas graníticas dos cantís destas illas. Son puntos que se degradan de forma máis rápida que as rochas próximas pola súa maior vulnerabilidade.

Por tanto son covas e entrantes producidos pola erosión do mar aproveitando esas zonas de debilidade do granito. Están formadas a unha altura media do nivel do mar onde a acción erosiva da ondada é moito máis forte.

Están catalogadas un total de 55 furnas ou covas mariñas entre os arquipélagos das illas Cíes (22) Ons e Onza (33). En Sálvora e Cortegada non se dan as condicións para a súa existencia.

En conxunto suman case 1900 m de galerías subterráneas.

Todas teñen un nome. Así nas illas Cíes atopámonos coa furna da Porta, o buraco do Trapo, a cova do Inferno, a furna do Balcón, a cova dos Pesos, a furna de Marín ou a furna das Lontras.

Entre as illas de Ons  e Onza aparecen o Estripeiral, o Xubenco, o Centolo, a cova do Lobo, o Castelo, as Coviñas, o buraco do Inferno ou Fedorentos.

A maioría de furnas ou covas mariñas están asociadas a diferentes lendas.

Non se poden visitar xa que se atopan en zonas de reserva e non son accesibles. Desde determinados lugares das illas podemos observar as súas bocas de entrada ao mar.

As repisas da parte superior destas furnas ou covas mariñas adoitan ser lugares ideais para a cría do corvo mariño cristado.

Imaxes: 

-Furna cara oeste Ons (imaxe destacada): Santiago Boado Aguinaga.

-Boca Buraco do Inferno: Santiago Boado Aguinaga.

-Cruces de mala morte: Santiago Boado Aguinaga.

-Furna de Fedorentos: Santiago Boado Aguinaga.

-Boca de entrada furna: Santiago Boado Aguinaga.

-Furna rego da Serpe: Ramón Patiño.

-Colonia corvo mariño cristado: Santiago Boado Aguinaga.

-Corvo mariño cristado: Santiago Boado Aguinaga.

-Faro de Ons e cantís: Santiago Boado Aguinaga.

-Boca dunha furna: Santiago Boado Aguinaga.

-Cantís cara oeste illas Cíes: Pedro Figueras Cabaleiro.

 

 

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos