Augas turquesas e cristalinas do Parque Nacional

Portada » O Parque Nacional » Augas turquesas e cristalinas do Parque Nacional

Nov 10, 2016 | FOTOBLOG, NATUREZA

Augas turquesas e cristalinas do Parque Nacional

Outra sorprendente imaxe de Fernando Rey Daluz onde contemplamos as augas turquesas do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Ons. Coa marea chea, os fondos de area, rochosos e mesmo os bosques de algas somerxidos, xunto á reflexión que exerce o sol e o ceo azul sobre as augas do Parque Nacional marítimo-terrestre, conseguen que as estas adquiran tonalidades turquesas de ensoño.

A pesares da tempertura das augas, enfriada polos afloramentos, a imaxe transmite unha extraordinaria sensación de calidez.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Rey DaLuz

LuzLux

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...