Aínda que a superficie terrestre do Parque é relativamente pequena, unhas 1200 hectáreas, existen numerosas especies de aves terrestres que aniñan nos distintos arquipélagos, ou ben se atopan de paso migratorio estival ou invernante.
Entre as primeiras, destacar a existencia de rapiñas diurnas coma o miñato que está presente en todas as illas.
O azor común tamén está representado nos catro arquipélagos do Parque Nacional.
O lagarteiro atopámolo criando en Ons, mentres o falcón peregrín faino nos cantís de Cíes e Ons.
Entre as rapiñas nocturnas contamos coa presenza da curuxa común en Ons, Sálvora e Cortegada.
En Cíes e Ons aniñan o andurón e a avenoitera cincenta (de hábitos crepusculares e nocturnos) en tempada estival, establecéndose en todas as illas, onde tamén se sinte a chegada de cirrios e anduriñas.
A pomba torcaz resulta abondosa en xeral, algo menos as rulas comúns e europeas, que son máis frecuentes nas Cíes e Ons.
Os petos atópanse en todas as illas.
Entre os córvidos destaca a presenza do corvo grande en Cíes e Ons, así coma o corvo pequeno e a cada vez máis escasa gralla.
Son moi abondosos os paseriformes e frinxílidos como lavandeiras, carrizos, rabirrubios, chascas e papuxas. Tamén xiríns, verderolos, xílgaros, paporrubios, merlos e ferreiriños. Están moi ben representados, xa ben sexa nas masas forestais, entre a matogueira ou en espazos abertos.
Imaxes:
– Azor:“Héja” by Pellinger Attila at Hungarian Wikipedia – Transferred from hu.wikipedia to Commons., 10 September 2008 (original upload date). Licensed under CC BY 3.0 via Wikimedia Commons.
– Miñato:“Buteo 6(loz)” by Loz (L. B. Tettenborn) – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Falcón peregrín: “”Faucon pelerin 7 mai” by Georges Lignier (georges.lignier@wanadoo.fr) – Personal photo of Georges Lignier (georges.lignier@wanadoo.fr) / LPO (Ligue de Protection des Oiseaux) of Franche comté. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons..
– Lagarteiro: “Turmfalke jagend im Rüttelflug” by Frebeck – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Macho lagarteiro: “Common kestrel falco tinnunculus” by Andreas Trepte, www.photo-natur.de. Licensed under CC BY-SA 2.5 via Wikimedia Commons.
– Femia lagarteiro: “Falco 003” by Lilly Mreal name: Małgorzata Miłaszewska – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Peto verdeal: “03 vgrue-10-11” by User:Hans-Jörg Hellwig – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Curuxa: “Tyto alba close up” by Stevie B – [1]. Licensed under CC BY 2.0 via Wikimedia Commons.
– Avenoiteira cincenta: “Zata” by Joxerra Aihartza – Nire argazki-bilduma / own picture. Licensed under FAL via Wikimedia Commons.
– Paporrubio: “Rouge gorge familier – crop (WB correction)” by PierreSelim – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Xílgaro: “Carduelis carduelis 1 (Marek Szczepanek)” by Marek Szczepanek – Own work. Licensed under GFDL via Wikimedia Commons.
– Corvo grande: “Common raven by David Hofmann” by David Hofmann – Flickr. Licensed under CC BY 2.0 via Wikimedia Commons.
– Andurón: “Tachymarptis melba -Barcelona, Spain -flying-8” by Birdwatching Barcelona – Alpine Swift / Apus melba / BallesterUploaded by snowmanradio. Licensed under CC BY-SA 2.0 via Wikimedia Commons.
– Ferreiriño: “Parus caeruleus1“. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.
– Chasca: “European stonechat2” by J. Malik Jmalik – English wikipedia. Originally uploaded 12:58, 6 May 2007 (UTC) by Jmalik (talk • contribs).. Licensed under Public Domain via Wikimedia Commons.
– Carrizo: “Eurasian-Wren-Troglodytes-troglodytes” by Andreas Trepte – Own work. Licensed under CC BY-SA 2.5 via Wikimedia Commons.