Bota a andar o primeiro proxecto para o estudo, seguimento e modelado da acidificación nas Rías Baixas galegas

Portada » O Parque Nacional » Bota a andar o primeiro proxecto para o estudo, seguimento e modelado da acidificación nas Rías Baixas galegas

Mar 3, 2017 | CIENCIA

O Grupo de Oceanografía Física da Universidade participa na iniciativa coordinada polo IIM de Vigo

Bota a andar o primeiro proxecto para o estudo, seguimento e modelado da acidificación nas Rías Baixas galegas

Dedicaráse especial atención aos efectos do incremento da acidez do océano sobre o mexillón

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
O hipotético debilitamento no espesor nas cunchas, o que afecta a súa capacidade para sobrevivir e a súa resistencia fronte a predadores, así como a alteración do equilibrio químico necesario para secretar os filamentos de biso cos que se fixa ao substrato onde viven, o que pode provocar que se desprendan con máis facilidade coa conseguinte perda de biomasa, son dous dos efectos máis evidentes da acidificación do océano sobre o equilibrio no sistema de carbonato de calcio ou, dito doutro xeito, na capacidade que teñen os organismos de formar a súa cuncha correctamente, ou manterse suxeitos no substrato tanto no medio natural, como en cultivo. “A acidificación é unha consecuencia do aumento do dióxido de carbono no océano, xerado a súa vez como unha resposta ás nosas actividades antropoxénicas e aínda que o océano axudounos moito, e o segue a facer, ‘secuestrando’ cantidades inxentes de dióxido de carbono que achegamos á atmosfera, faino a un prezo, que é incrementar paulatinamente a súa acidez ou, o que é o mesmo, diminuíndo o seu pH”, explica Ramiro A. Varela, investigador do Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo, que participa no proxecto Acidificación nas rías e plataforma oceánica ibérica: observación, seguimento e modelado, coordinado polo profesor de investigacións Fiz F. Pérez do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC), institución á que tamén pertence Jose Manuel Fernández Babarro como responsable do sub-proxecto Acidificación en las Rías y plataforma oceánica ibérica: biología y especiación química.

mexillón acidificación 2

Varela sinala que “a adificación é unha consecuencia do aumento do dióxido de carbono no océano, xerado a súa vez como unha resposta ás nosas actividades antropoxénicas”

O proxecto, que responde ao acrónimo A.RIOS, en homenaxe á científica galega Aída Fernández Rios que impulsou de xeito decisivo o estudo da acidificación no medio mariño, está financiado con algo máis de 330.000 euros (dos que 127.000 corresponden ao sub-proxecto da Universidade de Vigo ) polo programa Retos da Sociedade 2016 do Mineco e ten o obxectivo fundamental de realizar por primeira vez o estudo, seguimento e modelado da acidificación nunha contorna costeira: as Rías Baixas e máis concretamente as de Vigo e Arousa. Con esta finalidade estableceránse sistemas de medición a escala temporal, combinadas con campañas oceanográficas e analizarase o impacto que a acidificación pode causar no ecosistema desta rexión, dedicando particular atención ao caso do mexillón, polas importantes implicacións económicas que este molusco ten nesta área.

Sistemas de medición moi precisos para o estudo da contorna costeira

Ramiro A. Varela, que xunto aos tamén investigadores José González, Rosa Reboreda e Gabriel Rosón, conforma a representación da Universidade de Vigo neste proxecto, destaca que este traballo contempla unha análise global dos efectos da acidificación nunha contorna costeira, “onde ao contrario que nos sistemas oceánicos, as evidencias do aumento da acidez e os seus efectos no ecosistema son moito máis dispersas ou nalgúns casos inexistentes”. A investigación, que introduce por primeira vez un marco de traballo no que se empregan sistemas de medición moi precisos, da orde da milésima no pH, e de elevada escala temporal con medicións cada media hora ou menos, tamén ten a intención de crear unha ferramenta que permita axuda á xestión desta cuestión no futuro.`

O proxecto, que non é continuación doutro anterior, “aínda que emprega a experiencia obtida con proxectos anteriores por todos os grupos involucrado”, explica Varela, utilizará unha metodoloxía diversa na que se complementarán as campañas oceanográficas clásicas, a instalación de novos sensores nunha zona próxima á costa como é a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e no centro da Ría de Vigo, mediante fondeos. Estes sistemas de medición completaranse co modelado númérico/bioxeoquímico e un cúmulo de experimentos en laboratorio e en bateas.

Imaxe destacada:

Rosa Reboreda, Ramiro A. Varela, José González e Gabriel Rosón

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

É Galicia un país de quenllas?

É Galicia un país de quenllas?

Dende o ano 2013 seguiuse e analizado a inusual presenza de xuvenís de tintoreras ou quenlla azul (Prionace glauca) na costa galega durante o período estival, sendo o ano 2018 no que se rexistrou un maior número de citas chegando a 123 eventos correspondentes a máis...