Breve aproximación á historia da illa de Ons (I)

Portada » O Parque Nacional » Breve aproximación á historia da illa de Ons (I)

Feb 26, 2016 | HISTORIA

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia. Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Breve aproximación á historia da illa de Ons (I)

 

Dende a Prehistoria, na Idade do Bronce, existen restos de asentamentos humanos en Ons, achándose distintos vestixios coma cuncheirosmachadas de talón da Idade de Bronce ou tres estacións de arte rupestre. Tamén petróglifos, onde se presentan cazoletas, pías e círculos concéntricos. Existe ademais un poboado de época castrexa, o “Castelo dos Mouros”, nun outeiro enriba do barrio de Canexol. Aínda sen escavar e agochado entre a matogueira aínda permite percibir foxos e parapetos defensivos.

Baixo o castro atópase a “Cova dos Mouros”, que imaxinariamente ten un túnel que enlaza co illote do Cairo, fronte á praia do Canexol. Aquí quedan restos dunha probable factoría de salgado romana de época antiga.

As illas de Ons e Onza aparecen documentadas por primeira vez na Alta Idade Media, no século IX, cando son doadas sucesivamente á Igrexa por distintos monarcas. Época na que supoñemos da existencia dun convento e igrexa de San Martiño, mais non se atoparon os restos. O mesmo acontece na Baixa Idade Media, onde existiría un mosteiro, aínda que até hoxe só coñecemos, a existencia dun sartego antropomorfo escavado na rocha, no illote da Laxe do Crego, fronte á praia Area dos Cans.

cuberta do sepulcro está exposta no Centro de Visitantes da illa de Ons.

Na época moderna, nos séculos XVI, XVII e XVIII, a illa pasaría a ser propiedade da familia Montenegro (máis tarde dos Valladares ) á quen lla concedeu en feudo a Igrexa, mais sería despoboada por mor dos ataques de piratas e corsarios que aconteceron nestes séculos.

Xa en época contemporánea, en torno a 1810, no contexto da Guerra da Independencia procúrase unha fortificación da illa. Este feito favoreceu a súa repoboación con operarios que acudiron de localidades costeiras próximas. Construíronse dúas baterías de costa que nunca chegaron estar operativas. Son visitables os restos do Castelo da Roda.

Entre 1835/1840, instálase unha factoría de salgado de peixe, mudando a vida dos habitantes da illa, que se ben antes se adicaban fundamentalmente á agrogandeiría, van ver nos recursos do mar, unha oportunidade para mellorar as súas condicións de vida. Agora subministraban peixe á factoría.

embarcación que utilizaban era a dorna, seica de inspiración normanda e moi axeitada para navegar en augas abertas. Faríanse expertos no seu manexo.

Do mesmo xeito cultivábase millo, centeo, patacas ou hortalizas, existindo tamén gando, vacas, ovellas, cabras ou porcos. Até os anos 60 existía unha paisaxe agraria.

En 1929 estableceuse unha sociedade mercantil dedicada ao secado e comercialización de congro e polbo, especializándose así os habitantes insulares, na pesca e preparación do polbo até os nosos días.

Trala Guerra Civil a sociedade mercantil expiraría, sendo expropiada a illa en 1940 polo Estado alegando intereses de defensa nacional.

Á marxe dun pequeno destacamento, a illa non tivo ningún uso militar. A súa xestión pasou na década dos anos 60/70 por diferentes administracións do Estado, coma o Instituto Nacional de Colonización, o IRYDA e ICONA. Foi transferida nos anos 83/84 á Xunta de Galicia até hoxe en día.

En 2002 pasará a integrarse no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia xunto a CíesSálvora e Cortegada.

 

Ler tamén: Breve aproximación á etnografía dos habitantes da illa de Ons (I)

Imaxe destacada:

Santiago Boado Aguinaga

Imaxes:

Santiago Boado Aguinaga

Plano ría de Pontevedra: Reproducción electrónica. Santiago de Compostela: : Biblioteca de Galicia, 2009

 

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...