Brutalidade e salvaxismo nas illas Cíes. 1900 (II)

Portada » O Parque Nacional » Brutalidade e salvaxismo nas illas Cíes. 1900 (II)

Mar 31, 2016 | HISTORIA

Nesta segunda parte afondamos nestes penosos sucesos que asolaron aos habitantes e á paisaxe das illas Cíes nos primeiros anos do século XX. Esta segunda crónica é de 1906, tres anos despois da que xa presentamos no artigo anterior. Entendemos polo tanto que estes episodios eran desgrazadamente habituais nese período.

Refírense aos actos de vandalismo que alí practicabaan os tripulantes das traíñas de pesca das ría con extremada brutalidade e salvaxismo. Incendios, roubos ou profanación de tumbas.

A través desta crónica de prensa podemos interpretar e imaxinar como eran as illas Cíes naqueles tempos. Dende logo había moita máis auga doce que agora. Está documentado cando menos dende a Idade Media o uso das Illas Cíes como lugar de recalada de frotas integradas por numerosos buques que as aproveitaban como fondeadoiro, lugar de descanso , aprovisionamento e reabastecemento de auga. Esta realidade minguou coa forestación dos anos 50 e 60 do pasado século.

En canto á referencia aos bosques, que tamén está descrita así en documentos do pasado, entendemos que se refiren ás masas de arborado que puideran existir sobre todo en torno aos regos e regatos. Bosques de ribeira asociados a estas masas de auga ou pequenos rodais en determinados puntos protexidos. Mesmo tamén o termo bosque pode ser atribuído á vexetación en xeral, sobre todo á matogueira.

As illas Cíes non eran boscosas pero si que existía unha pequena masa forestal con especies autóctonas e espontáneas. Tamén había cultivos de autoconsumo e pasteiros para o gando ovino e caprino dos seus habitantes, pero sobre todo predominaba a matogueira, a vexetación de cantil e das dunas.

Esta denuncia na prensa tamén nos aporta outros datos, como que nas illas había  aloxamento para mariñeiros, xa ben en vivendas, nos almacéns ou nas fondas e tabernas.

Cando fala do cemiterio refirese ao pequeno camposanto que existía nas dunas de Rodas. O actual cemiterio foi construído a partir de 1925 e bendicido no ano 1927. Nas dunas eran enterrados os veciños, familiares dos torreiros ou náufragos.

Non había máis autoridade que o torreiro nesas datas aínda que en 1922 existía un destacamento de Carabineiros. Máis tarde, en 1931 sabemos da existencia da figura do alcalde de barrio das Cíes.

O cronista insinuaba que os vandálicos traiñeiros eran de Teis e Moaña, na ría de Vigo.

A vida nas illas Cíes non era doada na época contemporánea. A través de diversos artigos e documentos aportamos información ao respecto.

…e non, non eran os hippies que interpretaba Siniestro Total co seu tema”Matar hippies en las Cíes” apenas 80 anos despois, tampouco punkies. Eran traiñeiros, mariñeiros das rías dos primeiros anos de 1900. Segundo a nota de prensa, éstes tamén gustaban de entonar cánticos funerarios…Bailaré sobre tu Tumba cantaba xa en 1985 Siniestro Total no auditorio de Castrelos, en Vigo, logo de “matar hippies en las Cíes”. En 1900 eran traiñeiros.

 

5/08/1906

“Hazañas de los traineros-Incendios intencionales-Un cementerio profanado-Cadáveres desenterrados-Aviso a las Autoridades-El Juzgado en Cíes

Hace pocos días el fuego destruyó gran parte de la vegetación de las islas Cíes acabando con lo único que había resistido a los actos de salvajismo que allí vienen ocurriendo y de los cuales es preciso que se hable alto y con claridad, aunque solo sea-ya que no para lección, pues personas hay incapaces de aprender-para vergüenza de sus autores y aviso de las autoridades.

Lo ocurrido y lo que ocurre en Cíes es escandaloso e impropio de países civilizados.

Es frecuente, diario casi, que allí desembarquen las tripulaciones de las traineras, que sestean bajo los árboles en verano, se abrigaban en invierno y hacían aguada en las fuentes que en la isla existen

Si esa gente obrase lógicamente, aunque solo fuese por espíritu de propia conservación, debía procurar la conservación del arbolado, que le da leña y calor, y mantener las fuentes en estado de limpieza.

Pues hacen todo lo contrario.

En día 3 de este mes un voraz incendio destruyó todo lo poco que quedaba del arbolado.

Fue un siniestro intencional, como otros anteriores, y puso en peligro la hacienda y la vida de algunos vecinos de las Cíes.

Hasta obligó a huir de la casa en que descansaban a los mismos marineros.

En las fuentes se ensucian los traineros inutilizándolas y procurándose aguas nauseabundas y sucias donde nace límpidas y puras

Pero aún hay hechos más graves.

El pequeño cementerio de Cíes, donde reposan compañeros de estos salvajes pescadores fue varias veces profanado.

Las cruces de madera fueron rotas y quemadas y las de piedra rodaron por el suelo

Y el cadáver de una joven fue destrozado y sus miembros esparcidos por aquel sagrado lugar, que debiera ser objeto de todos los respetos.

Las bruzas de las traineras, mojadas en agua salada, sirven de hisopo en estas destas macabras, y los recios pulmones, hechos poéticos para cantar poéticas barcarolas, entonan burdos cantos funerarios sobre los restos de los muertos lejos de  sus hogares o en la desierta isla.

Los vecinos de Cíes tenían hasta ahora rebaños de ovejas  con cuyos productos se  ayudaban para ir viviendo. Ahora ya no pueden contar con este auxilio. Los rebaños fueron comidos por los traineros, y nadie se atreve a renovarlos.

Se nos asegura que los autores de estas hazañas, que causan indignación, son los traineros de Teis y Moaña”.

(De “Noticiero de Vigo”)

El Diario de Pontevedra : Periódico liberal

Ler tamén: Brutalidade e salvaxismo nas Cíes. 1900 (I)

Imaxe:

Ramón Patiño

 

 

 

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...