Calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” (II)

Portada » O Parque Nacional » Calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” (II)

Nov 16, 2016 | FOTOBLOG, NATUREZA

Calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” (II)

Unha imaxe de Fernando Rey Daluz que transmite calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” do arquipélago das illas Cíes en condicións de marea alta. Esta singular lagoa litoral salgada forma parte do complexo praia-duna-lagoon das illas Cíes que une á vez que separa a illa do Norte ou Monteagudo coa illa do Medio ou Montefaro. Un espazo repleto de biodiversidade, un acuario natural no que deleitarse a contemplar as diversas especies de animais mariños que atopan aquí un lugar ideal de posta e alevinaxe e xa que logo de exportación das diferentes especies que habitan neste espazo. Xa ben polbos, congros, moreas, douradas, doncelas, sargos, agullas, muxos, bolos, rubios, blénidos, centolas, queimacasas…

Podes mirar tamén: 

Calma e tranquilidade na Lagoa dos Nenos

Serenidade e comunicación no dique da “Lagoa dos Nenos” das illas Cíes

O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da Lagoa dos Nenos

Evolución do arquipélago das Cíes dende hai 3000 anos

Tres mil anos de cambios ambientais no complexo praia-duna-lagoon das Illas Cíes

 

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar

Imaxe: © Rey DaLuz LuzLux

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...