Calma e tranquilidade na Lagoa dos Nenos (illas Cíes) en condicións de marea baixa.
A vida neste espazo segue o seu curso.
Observamos a unha garza real á expectativa de cobrarse algunha presa ou tamén unha gaivota patiamarela explorando as súas beiras. Mentres nas calmas augas da lagoa, apreciamos o movemento de vida que reina nos seus fondos. Alevíns, muxos, sargos, douradas, un choco ou unha agulla. Todos gozan deste espazo de cría e reprodución, alevinaxe, fonte de alimento e exportador de múltiples especies.