Cambios recentes. As súas xentes.“Ons: unha illa habitada”. Vida cotiá
Ven do Capítulo 3: As súas xentes. “Ons: unha illa habitada“. Vida cotiá.
Pertence á serie audiovisual: “Cambios recentes”
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace.
Título: “Ons: unha illa habitada”
Autoría: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: “Ons: unha illa habitada“
Ligazóns libros Ons, Incipit-CSIC e información adicional: http://digital.csic.es/handle/10261
“Cambios recentes”:
Os mouros estiveron na illa. A pólvora de Chan da Pólvora.
Pepe lembra a postguerra. “Pasouse moita fame”. “O gobernador traía un pan que amargaba moito, había que fervelo, senón non se comía”.
Na postguerra. “Non había para comprar pan”. “Daquela eramos case 500 persoas na illa”.
Non había porto. Entre os socios facían roldas para durmir a bordo dos barcos de motor por mor de perdelos. “Co sur, había que coller porto”.
A illa se foi abandonando e cando se retornou a ela… “todo estaba cheo de maleza”. Non había baños, “é que non había nada…” lembra Ana.
Aurita conta cómo era súa casa antes dos amaños. O primeiro cuarto de baño da illa.
A II Guerra Mundial, o naufraxio do Bersac en 1940. O Bersac foi un buque francés que navegaba pola costa galega procurando disuadir aos submarinos alemáns. O barco estaba composto por 62 homes dos que 45 foron rescatados do mar con vida, 7 mortos, segundos Pazos (2002, 187) trasladados a Vigo e 10 desaparecidos. Marcelino conta que mariñeiros da illa de Ons participaron nas tarefas de rescate nun día de forte temporal, e cómo algúns dos mortos se lle dou sepultura no camposanto da illa.
Audiovisuais:
© CSIC
Imaxe destacada:
Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica