CONSERVACIÓN DE MATOGUEIRAS ARBORESCENTES DE LAURUS NOBILIS NA ILLA DE CORTEGADA MEDIANTE ACCIÓNS DE ERRADICACIÓN DE EUCALYPTUS GLOBULUS.
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
O Parque Nacional marítimo – terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) é un dos 15 Parques Nacionais do Estado español, e coma tal, un dos máximos expoñentes da protección dos valores naturais do estado. Cunha extensión de 8.480 ha, está integrado a día de hoxe polos arquipélagos de: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e o entorno mariño que os rodea.
Na illa de Cortegada existe un bosque de loureiro, que representa a laurisilva que se supón abundaba na Galicia costeira na Era Terciaria, cando o clima era máis cálido que o actual.
En todo caso, o desembosque e saca das especies a eliminar faise por tracción animal, xa que é a opción menos impactante para as masas de laurel do sotobosque e para as infraestruturas a utilizar.
Non empregamos maquinaria que polas súas dimensións poida producir danos ao traballar ou circular pola illa.
Os traballos de eliminación de Eucalyptus favorecen a conservación e expansión dos matorrais arborescentes de Laurus nobilis que predominan no sotobosque.
Fonte:
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e Facebook
Fai clic aquí para mirar o vídeo.
Imaxe destacada:
Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica