A través destas imaxes observamos o comportamento dunha parella de gaivota patiamarela (Larus michahellis) nunha área de cría dos cantís da illa do Faro. Están no período de reprodución e cría, que se prolonga dende abril ata rematar o mes de xullo.
Un encontro entre un macho e unha femia da devandita especie. O primeiro enriba, diferenciándose así o sexo, case exclusivamente pola localización no momento do apareamiento.
Unhas 6000 parellas reprodutoras concéntranse no arquipélago das illas Cíes neste período. Sobre 12.000 no conxunto do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Neste último arquipélago tan solo na Malveira Grande).