Illa de Sálvora. Parque Nacional Illas Atlánticas. Ría de Arousa. Galicia
A través destas magníficas imaxes aprezamos inmediatamente unha cantidade de vida espectacular nestes fondos mariños que representan o 86% da superficie total do Parque Nacional. Neste caso, atopámonos nos fondos do arquipélago de Sálvora
Podemos deste xeito contemplar neste valioso ecosistema submarino diferentes hábitats das riquísimas augas do arquipélago de Sálvora, un santuario para numerosas especies que habitan estes fondos de carácter rochoso e cascallo, colonizados e acompañados ademais do desenvolvemento de algas pardas, verdes e vermellas.
Así, neste ambiente, primeiro entre os bosques de ramos de mar, van xurdindo ao paso do mergullador diferentes especies de animais mariños coma ascidias, cnidarios, crustáceos, cefalópodos, equinodermos, moluscos, poliquetos ou peixes, máis ben coñecidos coma doncelas, chaparelas, fanecas, pintos, congros, polbos, carallos de mar, ourizos, estrelas, actinias, anémonas, espirógrafos, esponxas, centolas, mexillóns ou arneiróns. Unha lista moi longa que non chega describir todo o que se pode admirar neste audiovisual de Pedro Alonso no mar de Sálvora, e que dá boa conta da extraordinaria riqueza que albergan as súas augas.
Estes fondos mariños do arquipélago da illa de Sálvora son deste xeito hábitats ideais de todas estas especies, refuxios de vida que existen nasrochas e nas súas fendas mais os fondos de cascallo.
Atopámonos aquí tamén con lugares de alimentación ideais para odesove e cría de numerosas especies, que moitas das veces resultan de grande interese comercial.
Destacar a mimetizaxe da que fan exercicio moitos dos animais mariños presentes neste audiovisual de Pedro Alonso como a centola ou o polbo.
Pardelas (II). O furabuchos balear por Mar de Aves Pardelas Procellariidae As pardelas son aves mariñas de tamaño medio ou grande. A plumaxe é de cor escura, negra, gris ou apardazada, coas partes inferiores polo común máis claras. O peteiro é recto, moi ganchudo no...
Trece grados é un fantástico proxecto que mostra os valores submarinos da ría de Vigo a partir de numerosos vídeos e espectaculares galerías de imaxes que nos achegan virtualmente á biodiversidade que agocha este outro mundo submarino Deste xeito 13 grados pretende...
Aquí vos deixamos as ligazóns correspondentes a dous documentais sobre a riqueza das nosas augas (costa Galega) nos que colaborou activamente Ecoloxía Azul en calidade de mergulladores expertos, cámaras submarinos ou asesores científicos. E por suposto tamén outros de...