Entrevista a Jesús Molanes, garda forestal de Cíes. Verán de 1963

Portada » O Parque Nacional » Entrevista a Jesús Molanes, garda forestal de Cíes. Verán de 1963

Mai 4, 2016 | HISTORIA

Entrevista a Jesús Molanes Gamallo, garda forestal e veciño das illas Cíes. Xullo de 1963

Aproveitando a presenza nas illas Cíes dun campamento das O.J.E (Organización Juvenil Española), de carácter voluntaria e adscrita ao Movemento Nacional, o xornalista de “El Pueblo Gallego” que estaba a facer unha reportaxe sobre o mesmo, decide entrevistar a Jesús Molanes Gamallo, veciño das illas Cíes e garda forestal dende había xa 17 anos.

Dende 1960 sería a OJE a que organizaría campamentos nas illas Cíes, se ben antes xa o facían os Arqueros, Flechas y Pelayos, as Xuventudes Hitlerianas do Fogar Alemán de Vigo, os Montañeiros do Celta ou Educación e Descanso. Tamén eran frecuentes os concursos de pesca e o exercicio da caza de perdices e coellos ata os anos 60, xa que as illas eran coto de caza de distintas concesións. A derradeira sería a da Sociedade de Caza e Pesca “La Viguesa”. Existía un uso recreativo nas illas xa a partir de mediados do século XIX, pero sobre todo co inicio do século XX e mediados deste.

Jesús Molanes Gamallo exporá as súas inquedanzas ante o descontrol que se producía nas illas na tempada estival, temeroso de que se puidera provocar un incendio forestal. Isto foi unha sorte de premonición, xa que apenas 20 días despois produciríase un incendio nas illas Cíes, ao que xa nos referimos e daremos conta noutros artigos.

Jesús Molanes Gamallo (1922) perdería a vida no exercicio da súa labor no ano 1978, no peirao de servizo de Carracido, vítima dun accidente de tractor. Hoxe, un pequeno monolito cunha placa no lugar do Convento lembra o seu traballo. Famosos eran os seus paseos co Dictador cando recalaba co seu iate “Azor” nas illas en xornadas de pesca das que desfrutaba o Caudillo.

Corrían os anos 60, tempos nos que se sucedían os planes para facer das Cíes un icono turístico, e existían todo tipo de concursos de ideas e proxectos, dende construír un parador, un refuxio de caza e pesca ou urbanizar a illa ao estilo da italiana illa de Capri. Do proxecto do refuxio de caza e pesca e do parador deu lugar o restaurante Rodas, daí que fose coñecido coma “O Parador”, aínda que nunca chegou funcionar coma tal. O resultado é o actual restaurante de Rodas construído reaproveitando os restos da factoría de salgado de peixe que alí existía. A inciativa partíu da familia Freire, propietaria do peirao e da compañía “Vapores de Pasaje”. O esforzo da súa construcción recaería sobre a familia Viñas.

As Cíes contaban en 1963 con 11 habitantes repartidos entre a illa Sur e a illa do Faro.

As demandas de Jesús Molanes serían atendidas aos poucos, o que non impediría o incendio que ocorreu nese mesmo verán de 1963, uns vinte días despois de ser concedida esta entrevista.

Sen embargo pouco despois xa se esixe o carnet ou tarxeta de campista, haberá presenza dun retén da policía municipal de Vigo e servizo de botiquín no verán. Mesmo do pequeno bar que montara a familia Monzonís na illa do Faro, “O Eido do Lago” xurdiría o actual camping nos anos 70, poñendo fin ao campismo libre. Así se iría rematando co descontrol, feito que foi corroborado coa declaración das illas Cíes coma Parque Natural en 1980.

05/07/1963

La repoblación forestal de las Cíes corre peligro por el comportamiento de algunos excursionistas.

La vida de acampada allí debe ser regulada.

Después de comer acompañé al jefe del campamento (de la O.J.E) a un pequeño pero bien atendido bar recién inaugurado. Allí y ante una taza de café charlamos con el guarda forestal.

-¿Cuántos habitantes tienen las Cíes?

-Once, cuatro en la isla Sur y siete en la Central (Faro).

-¿Vive usted permanentemente aquí?

-Sí, antes estaba en la isla Norte, pero desde hace cinco años estoy en la del Centro. Hace 17 años que habito aquí.

-¿Los inviernos también?

-Sí, pero voy con más frecuencia a Vigo

-¿A por víveres?

-Sí, ahora en verano, no puedo abandonar la isla y cada semana me traen el suministro. Ahora bien, si necesito algo urgente, puedo pedirlo por radio.

-¿Se encarga usted de encender el faro?

-No, eso se hace automáticamente al desaparecer el sol. De vez en cuando vienen unos técnicos a revisarlo y a hacer limpieza.

-¿Se iría usted de aquí?

-No, esto es un paraíso. Además tengo que atender a más árboles. Vea-me indica con su mano un lugar en el que se alzan numerosos eucaliptos-; tardé mucho en que se dieran aquí estos árboles, pero lo conseguí. Crecían y se desarrollaban perfectamente en varias zonas de la isla, pero aquí no. Un día en que acompañaba al Caudillo, éste me preguntó por qué no plantaba eucaliptos también en esta zona. Yo le dije el motivo, y entoneces él me pidió que lo intentara una vez más. Y lo hice, y el ingeniero señor Odriozola (que en paz descanse) me animó a que siguiera intentándolo. Planté y planté durante varios años, y ya ve usted, parece que lo conseguí.

Efectivamente. Unos pequeños tallos emergen de la tierra. Dentro de unos años serán tan grandes como sus compañeros y aquella zona estará totalmente repoblada.

-¿Cual es su jornada?

-No tengo horas fijas. Me dedico por entero a la isla–en esta época ya es más difícil-. Tengo mucho trabajo y estoy solo. Tengo que preocuparme de muchas cosas, sobre todo de la vigilancia. Es mucha la gente que viene en esta época, y la mayoría no sabe lo que es estar en un <camping>. No se preocupan de a donde arrojan las cerillas, ni los cigarrillos ni nada. Esto no puede ni debe ser así. No saben o no quieren darse cuenta del enorme peligro que supone su manera de comportarse. Aquí un incendio forestal sería espantoso, y no se salvaría nada de la riqueza que suponen estas plantaciones. Tengo francamente miedo, pero a los que más miedo tengo son a los que vienen en plan romería, pues beben en demasía y luego no saben lo que hacen.

-¿Qué haría usted para evitar esto?

-Pues tres o cuatro zonas de <camping> y exigiría el carnet correspondiente a los acampados. Con esto sería fácil el control, y sobre todo, tendría la seguridad de los que aquí vinieran estarían perfectamente preparados para hacer vida de acampada en estos lugares.

Por otra parte sería necesario que los días festivos enviaran varios guardias municipales al objeto de vigilar a aquellos cuyo comprtamiento no fuera correcto, y es, además, muy necesario que ordenaran las colas en el muelle, pues ayer, debido a la aglomeración, cayó una mujer, afortunadamente en la arena pero pudo g¡hacerlo al mar.

El tiempo se nos fue rápidamente, y tenemos que desmontar el campamento. Nos despedimos de Jesús y le prometemos una pronta visita. Para que cuando lo hagamos muchos de sus deseos se vean cumplido

F. Javier Pérez Gil

El Pueblo Gallego: diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia

 

 

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...