A píntega común (Salamandra salamandra) é unha especie de anfibio con hábitos completamente terrestres, que só se achegan á auga para depositar os ovos ou larvas.
O seu hábitat preferido son os bosques caducifolios con abundante follas no chan, aínda que ocupa tamén piñeirais, herbazis ou zonas de matogueira, pero sempre en lugares próximos a correntes de auga.
O apareamento é terrestre, e tras unha serie de pautas fixas, en que o macho suxeita á femia situándose debaixo dela, deposita o espermatóforo e esta llo introduce na súa cloaca. Posteriormente, como animal ovovivíparo que é, a femia acode a diversos medios acuáticos para depositar as larvas ou ovos, onde as crías vivirán e, tras unha dura metamorfose, volveránse adultos que sairán a terra firme con hábitos terrestres.
O estrano sucede cando, segundo datos científicos contrastados, aparecen certas poboacións que non utilizan os medios acuáticos para a súa reprodución. A reprodución destes animais é por tanto completamente vivípara, xa observádose partos de xuvenís xa metamorfoseados, en terra, polo que non utilizan os medios acuáticos como hábitat de cría.
Esta complexa modificación de tipoloxía de reprodución só foi constatado nas poboacións do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (a pesar de que pertencen á subespecie de costa con reprodución ovovivípara, S. s. gallaica), e en poboacións de montaña pertencentes ás subespecies da Cordillera Cantábrica (S. s. bernardezi) e o Suroeste dos Pireneos (S. s. fastuosa). Estas últimas, mesmo adoitan mostrar unha estratexia mixta, parindo unhas femias xuvenís xa metamorfoseadas, completamente terrestres, mentres que outras aluman larvas acuáticas, aínda que en avanzado estado de desenvolvemento.
Este sorprendente fenómeno foi obxecto de grandes estudos con ADN e comparación de morfoloxías, e a única hipótese sobre esta evolución cara ao viviparismo, expón que ocorreu durante os cambios climáticos do Pleistoceno. Estes cambios afectaron intensamente ao norte ibérico, illando poboacións en vales e podendo xurdir o viviparismo como resposta a presións ambientais (falta de medios acuáticos na zona). Estas poboacións quedarían illadas, impedindo as montañas a súa migración cara ao Sur e o Oeste. O mesmo acontecece nas illas.
A aparición de poboacións vivíparas nas illas Atlánticas de Galicia, con todo, xurdiu independentemente e de maneira rápida, podendo ser a escaseza de medios acuáticos tamén o desencadenamento deste cambio, aínda que nas illas aparecen cursos de auga, puideron non ser suficientes nalgunhas épocas anteriores. Estas poboacións do Parque Nacional aínda se atopan baixo estudo na actualidade, pero o que si afirman os investigadores é que até a data non atoparon larvas nos cursos de auga doce, o que fai supor que a totalidade das poboacións das illas son vivíparas.
Estes cambios nas condutas reprodutoras, levan moitos anos sendo investigados, e as dúbidas aínda aparecen cando se busca o por que e o como o conseguiron, pois cambios tan atrevidos son complicados mesmo de expor a nivel teórico.
Outra vez, a natureza volve sorprender á comunidade científica? cantas veces máis nos deixará en xaque?
Ana Vázquez
Alecrín Actividades e Aventura