eXXexpedition: un veleiro tripulado soamente por mulleres que fai visible o invisible…

Portada » O Parque Nacional » eXXexpedition: un veleiro tripulado soamente por mulleres que fai visible o invisible…

Set 13, 2016 | NATUREZA, VIDEOBLOG

eXXpedition: un veleiro tripulado soamente por mulleres que fai visible o invisible…

En 2011, Lucy Gilliam, investigadora ambiental, doutora en Ecoloxía Microbiolóxica e Ciencias do Solo, experta navegante e activista infatigable a favor dos mares, puxo en marcha, xunto con Emily Penn, o proxecto eXXpedition, unha serie de travesías mariñas nun veleiro tripulado unicamente por mulleres, co fin de facer visible o invisible; a polución plástica das augas e o seu efecto na saúde, non só dos océanos, senón tamén no noso corpo, especialmente o das mulleres. Durante varias semanas 14 mulleres procedentes de campos tan distintos como a ciencia, a arte, o xornalismo ou a educación, colleitan datos cos que xeran material inspirador para lograr o compromiso da sociedade no coidado dos mares. eXXpedition lanzou sete viaxes polo Atlántico, o Ártico ou o Caribe e xa se está preparando a aventura de 2017. Ven a coñecer a Gilliam, unha muller que foi capaz de axuntar ciencia, navegación, arte, activismo e saúde nun proxecto liderado por mulleres. Sofía Toro, coruñesa campioa olímpica de vela en Londres 2012 será a encargada de presentar a Lucy Gilliam. Ao finalizar a charla haberá unha quenda de preguntas e respostas.

Lucy Gilliam impartiu charlas e conferencias en universidades e institucións gobernamentais por todo o mundo, é consultora en temas de medio ambiente e seguridade alimentaria e fundadora e directora de New Dawn Traders, unha asociación de artistas e cociñeiros que traballan por lograr cambios no transporte de mercadorías mediante a navegación a vela. Cruzou o Atlántico dúas veces e representa á Universidade de Exeter no Campionato Universitario de Navegación a Vela. É a primeira vez que vén a España a contar a súa experiencia como muller, científica e activista a bordo desta expedición.

Fai click na ligazón

+ info: exxpedition.com

festivalmardemares.org

 

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos