Set 14, 2016 | FOTOBLOG

Fin de ciclo?. Sempre volve saír o sol…

Con esta imaxe de Paco Álvarez do areal de Nerga (Cangas do Morrazo) resistímonos a crer que rematou o verán. Volverá saír o sol e os días de praia. Se non é así seguiremos a desfrutar das Rías Baixas de Galicia e dos arquipélagos das illas do Parque Nacional. Logo do verán gozaremos do outono, e máis tarde do inverno e da primavera para continuar co ciclo. Sentíndonos uns privilexiados.

Imaxe:

© Paco Álvarez

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...

Reconversións en Sálvora

Reconversións en Sálvora

Vista parcial do lugar do "Almacén " en Sálvora" a través dunha extraordinaria imaxe de Fernando Rey Daluz A escultura da serea reconvertida en lenda, a vella taberna reconvertida en capela e a factoría-almacén de salgado de peixe reconvertida en pazo. Bolos...