Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXXIV)
Os seus lugares
Fonte do Caño
A fonte atópase no barrio de Caño, de camiño cara a zona de acampada e do faro. Actualmente atópase cuberta de vexetación, aínda que se aprecian grandes bloques de granito que formarían parte da construción. Emprázase na base dunha pequena terraza de forma cóncava por onde sae a auga, e permite o seu estancamento parcial nunha poza que desauga no rego do Caño.
Fonte ao carón do camiño que vai cara o faro. Desauga no rego do Caño que, a súa vez, desemboca en Area dos Cans © CSIC
Este rego, atravesa o camiño por medio dunha ponte e desemboca na praia de area dos Cans.
Imaxe destacada: © CSIC
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada