Golfiño común (Delphinus delphis). Especie abundante nas nosas costas en augas de profundidade media por fóra das rías aínda que tamén se adentra nas mesmas. Aliméntase de peixes miúdos e cefalópodos. Vive agrupado, chegando a xuntar varios centenares de exemplares. É o cetáceo que máis varamentos rexistra.
Golfiño común (Delphinus delphis)
Imaxe:
By Netspy – Own work, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=37547552