Interpretación natural e cultural: como comunicar mellor o noso patrimonio

Portada » O Parque Nacional » Interpretación natural e cultural: como comunicar mellor o noso patrimonio

Feb 10, 2017 | ACTUALIDADE

Cubertas as prazas para o curso online de Interpretación do Patrimonio, chega o turno á formación presencial. Hoxe abrimos a inscrición para o Curso ‘Interpretación Natural e Cultural: Como comunicar mellor o noso patrimonio’, impartido novamente polo experto na disciplina Jorge Morales, e que terá lugar no mes de marzo. As prazas son limitadas.

Interpretación natural e cultural: como comunicar mellor o noso patrimonio

  • Datas: Sábado 11 e domingo 12 de marzo; sábado 18 e domingo 19 de marzo
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Organiza: CEIDA

Imparte
■ Jorge Morales Miranda, consultor en Interpretación do Patrimonio

Dirixido a
■ Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público en espazos naturais, medio urbano, sitios históricos, xacementos e museos (educadores, guías, monitores…).
■ Profesionais e estudantes nos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente.

Obxectivos
■ Xeral: coñecer novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.
■ Específicos: ao final do curso, os participantes serán capaces de:
– Analizar o recurso, identificando conceptos tanxibles e intanxibles.
– Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (Sam Ham) para elaborar mensaxes interpretativas.
– Desenvolver produtos interpretativos secuenciais e non secuenciais aplicando o “Proceso da Interpretación”.
– Aplicar técnicas creativas para transmitir mensaxes con emoción e efectividade.

Metodoloxía
Se empregará a metodoloxía de obradoiro teórico-práctico. As sesións teóricas estarán apoiadas con ilustracións. As actividades prácticas se realizarán en pequenos grupos, e estarán enfocadas a aplicar conceptos, técnicas e procedementos de interpretación a recursos patrimoniais.

Contidos
■ A Interpretación do Patrimonio (IP) para xerar actitudes nos visitantes.
■ Obxectivos básicos, definicións e principios da IP.
■ Os tres piares que sustentan a IP: o recurso, os destinatarios e as técnicas.
■ Características do público non cautivo.
■ O recurso a interpretar:
– O “potencial interpretativo”: onde facer ou non facer interpretación?
– Atributos tanxibles e conceptos intanxibles para conectar intelectual e emocionalmente cos visitantes.
■ A metodoloxía T.O.R.A. para “provocar o pensamento”:
– Comunicación temática, ordenada, relevante e amena.
– Características das “mensaxes interpretativas”.
– Deseño de mensaxes interpretativas directas (relevantes) e centradas nunha idea principal (tema).
■ Interpretación Secuencial (atendida por persoal) e Interpretación Non secuencial (non atendida).
■ O Proceso da Interpretación para deseñar produtos interpretativos:
– Aplicación do proceso a un caso hipotético.
■ Percorridos interpretativos guiados.
■ Interpretación ambulante e espontánea.
■ Señais e carteis interpretativos:
– Os textos interpretativos.
– Os soportes e o deseño.
■ Exhibicións interpretativas:
– Os textos interpretativos.
– Tipos de exhibicións.

Horario
O curso ten unha duración de 24 horas e se desenvolverá no seguinte horario:
– Sábado 11 de marzo: 9.30 a 14.00 h. e 16.00 a 19.30 h.
– Domingo 12 de marzo: 10:00 a 14:00 h.
– Sábado 18 de marzo: 9.30 a 14.00 h. e 16.00 a 19.30 h.
– Domingo 19 de marzo: 10:00 a 14:00 h.

Inscrición
■ Xeral: 90 €
■ Estudantes e desempregados: 75 €
Prazas limitadas por rigurosa orde de solicitude

Descargar cartaz

Formulario de solicitude

Imaxe destacada:
© Paco Álvarez
Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos