Lavadoiro de Cucorno. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXII)

Portada » O Parque Nacional » Lavadoiro de Cucorno. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXII)

Xul 20, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXII)

Os seus lugares

Lavadoiro de Cucorno

Lavadoiro construído na década do 50, situado no barrio de Cucorno, que aproveita as augas do rego de Cucorno. O lavadoiro está parcialmente escavado na terra, ao que se accede por medio dunha escalinata de pedra, onde tamén hai un depósito cunha billa.

É de planta rectangular e está construído en ladrillo, cemento e formigón. A cuberta está sostida por dúas columnas de sección cuadrangular e dúas paredes pechando o recinto. O tellado é a dúas augas é de placa de formigón sen cubrición de tella. Na cornixa do teito que dá para o oeste ten pintado un mural cunha enredadeira que decora o acceso. No interior deste recinto ten unha pía rectangular con dúas pedras de lavar, unha enfronte da outra. A auga entra polo oeste e desauga polo leste, directamente cara ao rego.

 

lavadoiro cucorno

A construción vista pola zona de acceso. No frontal ten pintada unha enredadeira

Imaxe: © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...