Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXI)
Os seus lugares
Lavadoiro de Melide
Lavadoiro situado na zona de O Centulo, ao norte da illa, situado ao carón dun rego que desemboca no areal de Melide, a moi poucos metros da praia, nunha zona moi sombría, cuberta de abundante vexetación. Ao lavadoiro accédese por un sendeiro agora pechado ao público pero do que facían servizo as vivendas desa zona norte da illa.
É de planta rectangular e está realizado a base de cemento, ladrillo e formigón. Ten con teito a dúas augas. A pedra de lavar sitúase no lado norte. Na actualidade este lavadoiro está en estado de abandono e oculto entre a maleza.
A estes lavadoiros, a xente da illa, ademais de ir a lavar a roupa, era onde ían a collee a auga para o servizo doméstico. Chamábanlle “ir ao río”, posto que estas construcións son relativamente recentes e antes lavaban directamente na beira do rego.
O lavadoiro está situado ao leste da vivenda, na zona arborada , moi próxima ao mar © CSIC
Imaxe destacada: © Santiago Boado Aguinaga
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada