Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXX)
Os seus lugares
Lavadoiro do Ignacio
Lavadoiro con fonte, situado a carón da costa leste, entre a punta do Río e a praia de Melide. Chegábase a el por varios sendeiros agora pechados pola vexetación sendo agora só accesible pola costa ou por mar. A el ían a xente da zona norte da illa.
É o único lavadoiro que non foi intervido pola “Obra Social del Movimiento” franquista, polo que se conserva no seu estado orixinal. É de factura moi rústica, de forma ovalada coas pedras de lavar dispostas en torno a pía.
Vista da fonte e lavadoiro do Ignacio Imaxe: © Arquivo PNMTIAG
Imaxe destacada: © Arquivo PNMTIAG
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada