Lesma: un molusco terrestre de lento desprazamento

Portada » O Parque Nacional » Lesma: un molusco terrestre de lento desprazamento

Mai 24, 2016 | NATUREZA, VIDEOBLOG

Gasterópodo terrestre da subclase dos pulmonados que se despraza arrastrándose e segrega abundante baba.

As babosas terrestres son moluscos gasterópodos sen cuncha, en contraste cos caracois, que teñen unha prominente cuncha.

As babosas desprázanse moi pouco. Pode recorrer, en condicións óptimas, entre 2 m e 7 m nun mesmo día.

O moco ou baba é imprescindible para o seu desprazamento. Cando se moven, unha glándula segrega un moco que lle permite deslizarse. En áreas con abundante vexetación, as babosas non se dispersan máis de 50 cm ao día. Atopan a súa comida grazas aos órganos olfativos e papilas gustativas.

Habitan en lugares húmidos e protexidos do sol.

Si se lles molesta se encollen formando unha masa carnosa e palpitante que oscila lentamente.

Imaxes gravadas no monte Alba en Vigo.

Imaxe destacada:

Macroinstantes

Vídeo:

Basilio Cegarra

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos