Mergullando en San Martiño do arquipélago das illas Cíes
Os fondos mariños do Parque Nacional albergan ricas comunidades de animais mariños, cefalópodos coma os chocos, peixes tan variados coma doncelas, chaparelas, pintos, maragotas, sargos, fanecas e multitude de alevíns. Tamén aparecen outras especies de animais mariños, xa ben lebres de mar, estrelas, espirógrafos ou mans de morto que habitan os diversos fondos existentes, rochosos, de cascallo ou de area. Fondos colonizados a súa vez por algas verdes, pardas e vermellas, onde se aferran as gorgonias, ramallos de mar, leitugas de mar e mesmo golfeiros.
Este audiovisual foi gravado no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na illa Sur ou de San Mariño do arquipélago das illas Cíes por Pedro Alonso e publicado o 29 de xullo de 2015 na súa canle de youtube.
Audiovisual: © Pedro Alonso
Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual de Pedro Alonso