Mergullando no illote de Viños en Cíes con “Ecología Azul-Blue Ecology”
Galicia submarina: Viños, Illas Cíes
O illote de Viños, situado na canle entre as illas Norte (Illa do Faro e Monteagudo) e Sur (San Martiño) do arquipélago de Illas Cíes, no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é unha pequena xoia en canto a biodiversidade mariña.
O equipo de Ecoloxía Azul tivo a sorte de realizar multitude de inmersións nos seus arredores por mor de varios de proxectos de investigación que levaron a cabo nas augas que o rodean, como o estudo sobre os movementos de pintos e maragotas, ademais das probas marcado coas raias mosaico e a filmación dun documental de natureza.
Descrición
Trátase dun pequeno aflorameento rochoso que na súa parte emerxida presenta unha clara estrutura en forma de “U” coa súa abertura orientada ao sur. Dende o extremo suroeste exténdese unha lingua rocosa que se adentra na canle entre as dúas illas, diseminándose no seu extremo distal ata desaparecer na area.
Maragota marcada en Viños durante el desarrollo del proyecto ARTEVIGO. Foto: David Villegas / BEC.
Fondo
Está rodeado dun fondo areoso e de cascallo (bioclastos de bivalvos) cunha profundidade media de 10 metros. É unha área cun forte hidrodinamismo, froito do ritmo mareal, o que provoca a profusión de especies de flora e fauna. O baixo que se atopa no seu extremo suroeste é eminentemente rochoso, atopándonos alternancia de rocha e area/cascallo na súa parte máis distal, o que propicia variedade de hábitats.
Inmersión en Viños. Foto: David Villegas / BEC.
Dificultade
É unha inmersión sinxela e de pouco fondo. Moi recomendable para inmersións nocturnas, se se ten experiencia e se posúen boas cualidades en orientación.
Vida mariña máis frecuente
- Peces: Boops boops (boga); Callyonimus lyra (dragoncillo); Centrolabrus exoletus;Coris julis (julia o doncella); Diplodus sargus (sargo); Diplodus vulgaris; Raja undulata (raya mosaico); Scyliorhinus canicula (pintarroja); Zeus faber (san martiño); Solea senegalensis; Scophthalmus rhombus (corujo);Chelidonichthys lucerna (rubio); Sparus aurata (dorada); Pollachius pollachius(abadejo); Dicentrarchus labrax (lubina); Symphodus melops; Serranus cabrilla(cabrilla); Labrus bergylta (pinto/maragota); Labrus mixtus; Gobius xanthocephalus; Parablennius gattorugine; Conger conger (congrio);Pomatoschistus pictus; Gobiusculus flavescens, etc.
Vida mariña máis frecuente
- Peixes: Boops boops (boga); Callyonimus lyra (dragoncillo); Centrolabrus exoletus;Coris julis (julia o doncella); Diplodus sargus (sargo); Diplodus vulgaris; Raja undulata (raya mosaico); Scyliorhinus canicula (pintarroja); Zeus faber (san martiño); Solea senegalensis; Scophthalmus rhombus (corujo);Chelidonichthys lucerna (rubio); Sparus aurata (dorada); Pollachius pollachius(abadejo); Dicentrarchus labrax (lubina); Symphodus melops; Serranus cabrilla(cabrilla); Labrus bergylta (pinto/maragota); Labrus mixtus; Gobius xanthocephalus; Parablennius gattorugine; Conger conger (congrio);Pomatoschistus pictus; Gobiusculus flavescens, etc.
*Os nomes comúns das diferentes especies aparecen en castelán.