Unha vista nocturna a través doutro fantástico rexistro fotográfico de Gainzafer no lugar do cruceiro de punta Corveiro na illa de Cortegada. Xunto aos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, localizado nas Rías Baixas de Galicia.
O arquipélago da illa de Cortegada inclúe os illotes de Briñas, O Con, Malveira Grande e Chica xunto aá propia illa de Cortegada.
O arquipélago de Cortegada pertence á parroquia de Carril en Vilagarcía de Arousa, no litoral sur da ría de Arousa, e está situada no esteiro do río Ulla.
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Para saber moito máis sobre a illa de Cortegada non tes máis que poñer no buscador de Cíes.gal a palabra Cortegada ou premer AQUÍ.
Imaxe: © Gainzafer