Novo logo Vapores de Pasaje en 1970 e buque “Islas Ficas” (II)

Portada » O Parque Nacional » Novo logo Vapores de Pasaje en 1970 e buque “Islas Ficas” (II)

Mar 17, 2016 | HISTORIA

A compañía Vapores de Pasaje cambiara o seu logo tras a entrada en servizo do “Islas Ficas” en 1968, buque construído en Xixón con capacidade para 500 persoas que marcaría un antes e un despois no transporte de pasaxe ás illas Cíes, sendo o seu buque insignia durante varias décadas. Permanecería en servizo até o ano 2008 aínda que xa coa naviera Mar de Ons.

Adxuntamos unha táboa cos horarios e prezos de saída ás illas Cíes e a outros puntos da ría de Vigo. Ademais dos habituais traxectos a Cangas e Moaña, en 1970 aínda se prestaban outros servizos que pronto expirarían, como o transporte a Meira e Rodeira ou Domaio e San Adrián.

O servizo de transporte de viaxeiros ás illas Cíes daría servizo entre o 25 de xuño ao 15 de setembro.

Tamén se ofertaban xiras marítimas pola ría en horario nocturno a partir das 23:00 horas.

O buque “Islas Ficas” faríase famoso tamén pola rodaxe da película “Los Lunes al Sol” en 2002, a multipremiada e alabada película de Fernando León de Aranoa filmada en Vigo, onde se facía fincapé na reconversión naval e no paro sufrido na cidade de Vigo na década dos anos 80. Este buque aparecería en diferentes escenarios exteriores pola ría de Vigo pintado de blaugrana e cunha nova e peculiar denominación temporal, “Lady España”.

26/06/1970

Horarios Vapores de Pasaje 1970

El pueblo gallego: diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia

Ler tamén: Islas Sicas ou Ficas? (I)

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...