O Castelo de Pereiró. Os seus lugares.“Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (IX)

Portada » O Parque Nacional » O Castelo de Pereiró. Os seus lugares.“Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (IX)

Mai 11, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

 

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (IX)

Os seus lugares

O Castelo de Pereiró

 

Trátase dunha das dúas baterías situada na costa da illa, nun esporón natural, na zona de Pereiró, ao sur da illa e orientado cara á ría de Pontevedra. Ao igual que o Castelo da Roda, consta dun só corpo de garda e está asentada directamente sobre a rocha nai de granito,que fai de parede natural.

Portela Pazos describe, deste xeito, estas dúas baterías:
“Vense ruínas de dos castillos o fortalezas: uno en la aldea de Curro, y en la de Pereiro el otro. Del segundo, que es el de más amplia base, con una puerta hacia el mar, conservábanse en 1931 muros de algo más que metro y medio de alto, que poco a poco fuéron desapareciendo, para aprovechar la piedra en la edificación de casas. Ahora apenas queda más que la planta” (Portela 1954, 71).

O Castelo de Pereiró, ten a planta en forma de media lúa orientada ao leste, e cara ao oeste parece que remata en planta triangular ou en forma de punta de frecha, forma que se pode apreciar na fotografía aérea. No interior do recinto, ademais dos derrubes, parece que hai un muro disposto de forma transversal, aínda que pola espesa vexetación non se pode apreciar con maior detalle. Esta construída a base de grandes perpiaños de granito ben escuadrados, mesmo con algunhas pezas ciclópeas sen argamasa entre estas.

Parte das pedras dos muros están nos derrubes do acantilado, parte dispersa polo ámbito e a outra parte espoliada e reutilizada noutras construcións da illa. A parte oeste desta construción vese interrompida por un camiño que dá servizo as fincas de cultivo que hai no seu ámbito, e no que se aprecia un desnivel que pode estar vinculado a esa construción.

Imaxe destacada:

Emprazamento do Castelo de Pereiró, vista cara o sur © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...